Condenado o INE a indemnizar con 6251 euros a CCOO por vulneración do dereito á liberdade sindical

O Xulgado do Social n.º 1 da Coruña, na sentenza emitida o pasado 12 de marzo, condenou o Instituto Nacional de Estatística (INE) por incorrer nunha vulneración do dereito á liberdade sindical de Comisións Obreiras (CCOO), concretamente o dereito á información. A resolución xudicial obriga o organismo público a entregarlle ao sindicato a documentación que solicitaba e fixa unha indemnización de 6251 euros, a mínima posible para as infraccións graves.

A orixe da demanda está na negativa do INE a lles facilitar ás delegadas de CCOO a documentación que pediron reiteradamente entre os anos 2018 e 2019 —no marco do dereito que lles confire a normativa laboral— sobre determinados aspectos relacionados co persoal do centro de traballo da Coruña.

O Instituto Nacional de Estatística negárase a entregarlle ás delegadas deste sindicato a documentación que solicitaban sobre o persoal do centro de traballo da Coruña

Ante o reiterado silencio, CCOO presentou unha demanda contra a Administración xeral do Estado, Delegación do Goberno na Coruña, Instituto Nacional de Estatística e o propio delegado provincial do INE na Coruña.

A sentenza manifesta que, os órganos da Administración demandados obviaron dar resposta ás constantes peticións de información das representantes de CCOO, sen sequera xustificar por que non entregaban a información solicitada.

Por esta razón, o Xulgado do Social declara a existencia dunha lesión no dereito de liberdade sindical de CCOO, parte demandante, e amais de lle exixir á parte demandada o cesamento na súa actitude e corrixir a situación, fixa unha elevada indemnización para o sindicato polos prexuízos morais causados.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.