EU pide que se considere o sector da seguridade privada como colectivo de risco

Dende a publicación do RD 463/2020 de 14 de marzo, Esquerda Unida está a recoller as propostas de colectivos e asociacións para dar traslado ao Goberno do estado

Nestes días, demos traslado, entre outras cuestións, a demanda expresada polo sector de vixiantes de seguridade, que segundo o aprobado en materia de prevención de riscos laborais para facer fronte á situación de contaxio polo Covid-19, que define os escenarios de riscos en función da actividade, este colectivo está referenciado como colectivo de “baixa probabilidade de risco”.

O colectivo de vixiantes de seguridade desempeña funcións en lugares moi diferentes con riscos tamén diferentes de seguridade, así atópanse en hospitais, centros de saúde, administracións públicas, así como noutros lugares susceptibles de resultar escenarios de contacto incluso con persoas con diagnóstico positivo en Covid-19.

Esquerda Unida dá traslado desta petición ao goberno e solicita que o colectivo de vixiantes de seguridade sexa encadrado nun nivel máis alto de protección que en aras de protexer a saúde das traballadoras e traballadores, asegure a obrigatoriedade da utilización de EPI e pasar a ser considerados “persoal de risco” minimizando deste xeito as posibilidades de contaxio.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 − 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.