Lugo simplifica os trámites para realizar mudanzas e colocar contedores de obra

Alexandre Penas: “con esta nova regulación tratamos de axilizar os procedementos”. Co modelo anterior acumulábanse retrasos que prexudicaban a empresas e particulares

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta das modificacións nas que está traballando a concellería. “Tratamos de simplificar os trámites actuais para realizalos de maneira máis rápida e evitar así molestias ás persoas interesadas”, afirmou Alexandre Penas. “Actualmente, para a realización dunha mudanza deben realizarse dous trámites, a solicitude de ocupación e a solicitude de instalación de elevadores no caso de ser necesarios“, explicou Alexandre Penas, que engadiu “co modelo actual, moitos casos esixen da creación dun plan de tráfico a pesar de que a instalación non afecta ao tráfico, o que retrasa moito o trámite”.

Segundo Alexandre Penas, “cos novos procedementos, preténdese axilizar os trámites distinguindo as reservas das ocupacións de vía pública”. A reserva da vía pública está pensada para as solicitudes de mudanzas e colectores sempre que non afecten ao tráfico de vehículos ou persoas. Solicitarase cunha declaración responsable onde a persoa solicitante asume toda a responsabilidade. Poderase solicitar con unha antelación mínima de 2 ou 5 días, en función de se é o propio solicitante o que sinaliza a ocupación ou se debe encargar o Concello.

A ocupación da vía pública está pensada para os casos nos que non poida tramitarse por vía de declaración responsable ou comunicación, e para todas as demais situación que se precise a instalación de calquera elemento fixo na vía pública, como valos, casetas de obra, etc. Para estes casos sempre será preciso a realización dun plan de tráfico en función das necesidades de cada solicitude.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.