O 061 de Galicia asistiu a 7 persoas por 7 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 20 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 8 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 7 persoas debido a 7 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 20 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 22 de marzo. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 4 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 8 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 7 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 7 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 83% e do 17% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 50% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que rexistrou máis accidentes con catro sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 9. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en oito sinistros. As ambulancias convencionais asistiron nunha ocasión.

En tres casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.