O CEESG crea unha bolsa de emprego para educadoras/es sociais durante a emerxencia sanitaria

Ante a situación emerxencia sanitaria, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia crea unha bolsa de traballo para cubrir eventuais contratacións de urxencia en entidades socioeducativas ou sociosanitarias

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) acaba de poñer en funcionamento unha bolsa de emprego coa finalidade de facilitar a contratación de educadoras/es sociais naquelas entidades que poidan verse necesitadas de persoal con urxencia, durante a situación de emerxencia sanitaria.

As educadoras e educadores sociais desenvolven o seu labor en centros e servizos como residencias de persoas maiores, centros de protección á infancia, centros de menores, persoas sen teito, atención a vítimas de violencia de xénero, atención a drogodependencias, centros de atención a persoas con diversidade funcional, etc. Todos eles recursos de primeira necesidade, nos que a Educación Social leva a cabo un importante labor de acompañamento socioeducativo.

Esta bolsa de emprego créase coa finalidade de poñer á disposición das entidades que xestionan este tipo de servizos unha bolsa de profesionais de xeito áxil, para o caso de que precisen realizar contratacións de xeito urxente e non lles resulte posible facer unha selección de persoal nos prazos habituais. O colexio profesional non realizará a selección, senón que se trata de facilitar ao máximo os procesos ás entidades que poidan necesitalo.

A bolsa púxose en marcha o pasado mércores e seguirá aberta de xeito permanente mentres se considere que pode existir demanda deste servizo, tanto para as profesionais que soliciten incluírse como para as entidades que necesiten da contratación.

O Ceesg é unha corporación de dereito público ao servizo da sociedade galega no seu conxunto, e moi especialmente das persoas e colectivos cos que traballan as educadoras e educadores sociais. Con esta medida pretende contribuír a afrontar o impacto que produce na vida das persoas a actual situación social e sanitaria producida polo COVD-19, e o estado de alarma decretado.

Descargar formulario de solicitude

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.