O Concello da Coruña pon en marcha o xogo en liña “Xaque ao virus”

Trátase dunha proposta da Federación das ANPA para o fomento da saúde mental e física adaptada á situación do confinamento familiar debido á pandemia provocada polo coronavirus

Dende as 12.00 h deste luns 23 de marzo comenzou a proposta de lecer en liña “Xaque ao virus” que levarán a cabo as e os educadores dos programas de lecer da Federación Provincial das ANPA.

É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. A dita proposta está orientada a todas e todos os escolares inscritos nos programas municipais Deporte no centro Ocio educativo Luditarde , para así seguir mantendo a oferta educativa para todas aquelas familias inscritas nos ditos programas.

O XOGO

O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou “antivirus” necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas que haberá que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba CORPO EN FORMA: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer na casa.
  • Proba MENTE EN FORMA: serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio partcipante, os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

É moi sinxelo, bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico do blog do teu colexio. Os enderezos dos blogs dos centros participantes son os seguintes:

Lembra que podes animar as túas e os teus compañeiros de actividades a participar no xogo. Cantos máis sexades máis puntuación para o voso colexio. A que esperades?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.