O Concello de Oleiros devolverá as cotas das clases non prestadas das escolas municipais de música, danza e teatro

O Concello de Oleiros procederá a devolver os cartos da parte das cotas das escolas municipais de música, danza e teatro correspondentes aos días do mes de marzo nos que non se celebraron as clases debido ao Estado de Alarma decretado polo Goberno central
A devolución realizarase mediante compensación no recibo do primeiro mes no que se recupere a actividade.
Ante a imposibilidade de seguir impartindo as clases, o recibo do mes de abril tampouco se vai cobrar. Respecto aos prazos de matriculación, reabriranse novamente, unha vez finalice o Estado de Alarma.