O Concello de Oleiros pon a disposición dos cidadáns un servizo de atención psicolóxica

Todos os veciños e veciñas de Oleiros dispoñen dun servizo de atención psicolóxica ante posibles problemas derivados do confinamento nos domicilios. Aquelas persoas que precisen axuda poden chamar ao 981610000, extensión 3120

Ante esta situación de illamento nas vivendas, algunhas persoas precisarán axuda psicolóxica. Por iso o Concello pon a disposición de todos os veciños e veciñas unha psicóloga que prestará atención a través do teléfono.

O Concello de Oleiros solicita a todos os cidadáns que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación.

Tamén é extremadamente importante lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.