O Concello de Ourense conta con dous novos vehículos para ampliar o servizo que prestan os voluntarios de Protección Civil

O Concello conta con dous novos vehículos, neste caso cedidos por PSA Retail, que permitirán ampliar o servizo que veñen prestando os voluntarios de Protección Civil, en todas aqueles labores de atención á cidadanía que así o solicitan, con especial atención ás persoas máis vulnerables na situación de alerta en que nos atopamos polo coronavirus.

O acto de entrega dos vehículos tivo lugar na Praza Maior, contando coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o tenente de alcalde, Jorge Pumar, e as concelleiras de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, e a de Seguridade, María Fernández Dibuja, así como do director de PSA Retail Ourense, Carlos Miranda López, e membros de Protección Civil.

Neste senso, o rexedor quixo destacar a “importante colaboración de empresas e da cidadanía para facer fronte a esta situación de alerta”, en especial a PSA Retail por ser “os primeiros que se puxeron en contacto co Concello, e aos que se sumaron outras empresas”. Ademais de poñer en valor a importancia do traballo dos voluntarios de Protección Civil nesa “atención necesaria a todos os veciños”, para que dese xeito “todos poidan ter resolto calquera problema que poida xurdir”.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

catorce − diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.