O Concello de Tui continua a tramitación de expedientes durante o estado de alarma con servizos mínimos e teletraballo

Diariamente desinfectaranse os contedores e o acceso a servizos públicos

O Goberno municipal de Tui  informa aos cidadáns que nestes momentos está establecido un sistema de  servizos mínimos no Concello de Tui, de tal xeito que en cada departamento mantense a presenza física dun funcionario. Mentres os outros traballadores de cada departamento están a realizar o seu cometido na modalidade de teletraballo, sendo coordinados polas respectivas concellerías. Mantense só a atención presencial no Rexistro de Entrada e nos Servizos Sociais para casos de extrema urxencia e previa comunicación telefónica.

Deste xeito en cada un dos departamentos administrativos continúa a realizarse o despacho e trámite ordinario de asuntos, agás o de atención ao público, coa finalidade de que, unha vez levantadas as actuais restricións, se atopen viabilizados a meirande parte dos expedientes e permitir así unha máis pronta recuperación da actividade económica do noso concello.

Os departamentos aos que se lle está a prestar especial atención son os de Urbanismo e Intervención, para axilizar, todo o que se poida, as licencias pendentes e os pagos a provedores necesarios. Aínda que están suspendidos os órganos colexiados, acordouse a avocación de competencias na alcaldía e só se convocarán estes, en caos de inaprazable e urxente necesidade.

Asemade, acordouse pola totalidade da corporación a suspensión de Comisións Informativas e Plenos durante o espazo que dure o estado de alarma e só procedería a convocatoria naqueles casos tamén urxentes e inaprazables.

Cabe salientar así mesmo a unidade e lealdade de toda a Corporación Municipal que nestes momentos traballa xunto ao Goberno Municipal na solución de todos aqueles problemas e incidencias que se vaian producindo.

Dende o Concello de Tui quérese recordar a todos os veciños e veciñas de Tui que deben usar os medios telemáticos, o teléfono e a APP Municipal para comunicarse co Concello, agradecendo a todos a súa colaboración e solidariedade.

Dentro das medidas adoptadas dende o Concello comunicouse hoxe aos responsables do Centro de Saúde de Tui que disporán dun vehículo municipal, o que habitualmente utiliza Alcaldía, ao seu servizo para realizar aqueles desprazamentos que sexan necesarios.

Amais persoal de obras comezou hoxe á desinfección de contedores e dos accesos a edificios públicos coma a casa do concello, a policía local, ou o centro de saúde, así coma as entradas ás farmacias. Esta operación repetirase diariamente.

Lémbrase asemade que están pechados os parques infantís, instalacións deportivas, culturais e de formación.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 + nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.