O Concello de Vilalba lanza a campaña ‘Non estás soa’

A concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller poñen en marcha unha campaña informativa para achegar os recursos ás mulleres que podan estar sufrindo violencia nos seus fogares neste confinamento.

Do mesmo xeito, en coordinación coas farmacias de Vilalba e a Garda Civil, desenvolven unha estratexia para que, se algunha muller está en risco na súa casa e non pode chamar por si mesma, acuda a calquera das farmacias e cunha palabra clave, “Mascarilla19”, o persoal sabe que ten que chamar ao 112.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *