O grupo Icede da USC desenvolverá en liña o Congreso Internacional Innovación e Economía Circular

Os promotores deste encontro, organizado xunto coa Rede de Investigación en Innovación, acordaron a súa celebración virtual para sortear o actual confinamento

O Congreso Internacional Innovación e Economía Circular, promovido polo grupo Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento (Icede) do Departamento de Economía Aplicada xunto coa Rede de Investigación en Innovación (RRI), desenvolverase de xeito virtual do 25 ao 27 de marzo, a fin de adaptarse así aos requirimentos do actual estado de confinamento que afecta a varios países de Europa por mor do Covid-19. Inicialmente este encontro ía celebrarse de xeito presencial os días 27 e 28 de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

A celebración deste congreso en modalidade virtual antóllase como unha solución innovadora diante dunha situación excepcional que é viable grazas ao apoio técnico prestado pola Área TIC-multimedia da USC. Daquela, as sesións previstas na programación deste congreso, celebraranse a través dunha plataforma virtual á que poderán acceder todas aquelas persoas participantes que estean inscritas. Esta modalidade non presencial contribúe á innovación circular, habida conta da redución das emisións de CO2 evitadas, segundo sinalan os coordinadores do comité organizador, Xavier Vence e Blandine Laperche.

As liñas temáticas do congreso, cuxa inscrición para a asistencia virtual permanece aberta, versarán sobre a relación entre innovación e economía circular, política de innovación, políticas de economía circular e políticas medioambientais e sustentabilidade, tal e como se recolle nun  programa, no que se mantén a participación de profesor Walter Stahel, que ofrecerá o xoves 26, ás 9.30 horas, a conferencia plenaria esta reunión científica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.