O persoal do SAF de Touro sen medios en plena crise do Coronavirus

As traballadoras do servizo municipal de axuda no fogar de Touro están vivindo estos días unha situación de enorme tensión e precariedade ante a falta de equipos de protección individual (batas mascarillas…). A empresa concesionaria (Atendo) non dotou do material necesario ás traballadoras, o que provoca unha grave ameaza tanto para os usuarios do servizo de axuda no fogar, colectivo de alto risco, como para as propias traballadoras.
O concello presidido por Ignacio Codesido (PP) está informado desta situación e bota balóns fóra culpando desta problemática á concesionaria a pesares de que o responsable do contrato é o propio concello. As traballadoras só recibiron tres ducias de mascarillas e varias caixas de luvas facilitadas pola FEGAMP, un material totalmente insuficiente para máis de 15 traballadoras que atenden medio cento de veciños. A marea veciñal denuncia que o material non chega nin para tres días, e aínda así apuntan igualmente á ineficacia deste material ó non contar con batas de protección tal e como establecen os protocolos de seguridade. A situación é de tal precariedade que son as propias traballadoras as que teñen que fabricarse as súas mascarillas de tea e lavar outras que puideron mercar antes de que se esgotaran nas tendas.
 Dende o principal grupo da oposición demandan que se decreten servizos mínimos e se dote ás traballadoras dos equipos de protección necesarios. Acusan ó alcalde de ir en contra das traballadoras unha vez máis e de mirar para outro lado nunha situación na que está en xogo a saúde da veciñanza.
A Marea Veciñal de Touro alerta do grave risco que supón a falta de medidas de protección para os usuarios e traballadoras. 
As traballadoras do servizo municipal de axuda no fogar de Touro están vivindo estos días unha situación de enorme tensión e precariedade ante a falta de equipos de protección individual (batas mascarillas…). A empresa concesionaria (Atendo) non dotou do material necesario ás traballadoras, o que provoca unha grave ameaza tanto para os usuarios do servizo de axuda no fogar, colectivo de alto risco, como para as propias traballadoras.

Algunhas das mascarillas proporcionadas pola FEGAMP que non serven para autoprotexerse ó ser as que se utilizan para manipular alimentos.

O concello presidido por Ignacio Codesido (PP) está informado desta situación e bota balóns fóra culpando desta problemática á concesionaria a pesares de que o responsable do contrato é o propio concello. As traballadoras só recibiron tres ducias de mascarillas e varias caixas de luvas facilitadas pola FEGAMP, un material totalmente insuficiente para máis de 15 traballadoras que atenden medio cento de veciños. A marea veciñal denuncia que o material non chega nin para tres días, e aínda así apuntan igualmente á ineficacia deste material ó non contar con batas de protección tal e como establecen os protocolos de seguridade. A situación é de tal precariedade que son as propias traballadoras as que teñen que fabricarse as súas mascarillas de tea e lavar outras que puideron mercar antes de que se esgotaran nas tendas.

 Dende o principal grupo da oposición demandan que se decreten servizos mínimos e se dote ás traballadoras dos equipos de protección necesarios. Acusan ó alcalde de ir en contra das traballadoras unha vez máis e de mirar para outro lado nunha situación na que está en xogo a saúde da veciñanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.