Oleiros confirma a “total cobertura” na atención ás familias en situación vulnerabilidade

O Concello de Oleiros agredeceu publicamente a todos os veciños e veciñas que nos últimos días se ofreceron a participar en tarefas extraordinarias orixinadas pola pandemia do coronavirus. Neste momento, o Concello non precisa de persoas voluntarias para atender as situacións de emerxencia social que hai no municipio

O persoal do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, así como outros traballadores municipais que non poden desempeñar as súas funcións habituais, están organizados e coordinados para garantir a entrega de alimentos e outros produtos de primeira necesidade ás familias que se atropan nunha situación de vulnerabilidade. O Concello tamén está preparado para cubrir un futuro incremento de necesidades, ante un posible aumento do número de familias en dificultades.

O Concello de Oleiros, igual que xa facía antes desta crise, está en contacto permanente con todas as familias en situación de vulnerabilidade atendendo de maneira personalizada e individualizada cada uno dos casos.

«O contacto entre Servizos Sociais e a veciñanza é permanente, e vai moito máis alá dunha situación puntual como a que se está a vivir. A comunicación entre Concello e veciños é recíproca e permite detectar de inmediato as situacións de vulnerabilidade. Ademais da axuda que se presta desde a administración local, é de eloxiar a todas as persoas que nunca dubidan en botar unha man desinteresadamente a aqueles veciños e veciñas que o precisan» comentan dende o consistorio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.