Os servizos sociais do Ayuntamiento de Marín contactou nestes días con máis de 600 anciáns da vila para coñecer a súa situación durante o confinamento

Moitos deles confirmáronlle ao Concello que se atopan ben e que non precisan axuda, pero agradecen profundamente a preocupación e a tranquilidade que lles proporciona o contacto directo ca administración local, por se a súa situación mudase nalgún momento

Na situación actual de confinamento que estamos a vivir para frear a propagación da pandemia do coronavirus, os nosos maiores son o grupo de máis risco e por iso é preciso redobrar os esforzos no seu coidado e na súa atención.

Así o entende o Concello, que desde principios desta semana está a contactar de maneira recurrente con aqueles veciños e veciñas de máis de 80 anos. Algúns viven en soidade e outros acompañados polo seu ou súa cónxuxe, tamén de avanzada idade, ou dalgún fillo ou filla, que en ocasións teñen ao seu cargo.

Esta mañá, o departamento de Servizos Sociais, que dirixe a concelleira Marián Sanmartín, fixo balance das persoas atendidas desde o inicio das chamadas. En total, foron contactados 605 veciños e veciñas, residentes en todo o termo municipal, e dos que o Goberno local ten constancia grazas ao padrón.

Desas máis de 600 persoas, manifestáronlle ao Concello que se atopan perfectamente atendidas, tanto por ter a algún familiar que lles axuda en todo o que precisan, por contar con persoal asistencial contratado que lles coida ou por ser usuarias xa previamente do servizo de atención a domicilio xestionado polo propio Concello.

“Así a todo, agradecen moito a chamada, porque notan que existe preocupación e interese polo seu estado e agradecen ter un soporte ao que recurrir no caso de que fose necesario”, declarou Sanmartín.

A cifra de contactados podería ser un pouco máis elevada, pero tal e como explicou a concelleira, houbo algúns casos nos que non había posibilidade de establecer contacto coas persoas que cumprían os requisitos, debido a diversas casuísticas: “Nalgúns casos, no padrón non figuraba ningún número de teléfono e noutros, son persoas que xa non residen nesa vivenda por circunstancias varias”.

Para casos nos que foi necesario xestionar algún tipo de axuda, ésta foi coordinada pola Asistenta Social e por membros de Protección Civil.

De todos os xeitos, o Concello explica que aínda que moitas persoas están atendidas solicitaron que volvan a contactar con elas, para saber como levan o confinamento ou se mudou dalgunha forma a súa situación e, sobre todo, para seguir recibindo este labor de acompañamento que tamén se considera fundamental.

Máis material de prevención

Por outra banda, a alcaldesa, María Ramallo, informou esta mañá de que recibiron novas unidades de material de prevención por parte da Xunta de Galicia, que se suman ás xa recepcionadas a mediados de semana.

De xeito concreto, Marín recibiu da administración autonómica 300 mascarillas, 1.500 luvas, varias unidades de gafas protectoras e 85 EPIs. “Nestes momentos, nós temos todo o material de prevención que precisamos para dotar ao noso persoal de todas as medidas de seguridade esixidas”, explicou a alcaldesa.

A Policía Local, as brigadas de limpeza e o funcionariado público que traballa nos servizos mínimos son os que recibirán este material, a medida que vaian esgotando as existencias cas que actualmente contan para desempeñar o seu fundamental e valioso labor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

siete + dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.