Universitarios coruñeses voluntarios para facer pequenos recados a familias e persoas en situación de vulnerabilidade

O voluntariado da Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña colabora co dispositivo que, con motivo  da COVID-19, está a poñer en marcha a Cruz Vermella para facer pequenos recados a familias e persoas en situación de vulnerabilidade, como por exemplo facer unha pequena compra ou levarlles a comida xa feita que prepara a Cociña Económica, sempre preservando as medidas de seguridade para evitar os contaxios.

A iniciativa porase en marcha na cidade da Coruña, con persoas voluntarias que xa están formadas e que estiveron colaborando coa OCV durante o primeiro cuadrimestre, e que é principalmente estudantado; pero en función da demanda non se descarta abrir a convocatoria a toda a comunidade universitaria que queira colaborar e ampliar tamén as accións de voluntariado.

#UDCnonPara

#QuedaNaCasa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.