Prioridade para o pago a provedores e paliar os efectos económicos da crise do coronavirus

O Presidente da Deputación de Lugo explica que “esta é unha das liñas de traballo que se está intensificado  durante o Estado de Alarma co fin de inxectar liquidez nas empresas e contribuír así a que poidan pagar os salarios e os gastos correntes para manter a súa actividade”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, explica que a institución provincial está priorizando o pago a provedores para axudar a paliar os efectos económicos da crise sanitaria do coronavirus. Tomé subliña que “con traballo a distancia e os efectivos presenciais reducidos ao mínimo imprescindible seguimos traballando pola provincia de Lugo. Unha das liñas de traballo que estamos intensificando durante o Estado de Alarma é o pago a provedores co fin de inxectar liquidez nas empresas e contribuír deste xeito a que poidan pagar os salarios dos seus traballadores e os gastos correntes”.

“Somos conscientes de que na nosa provincia a gran maioría do tecido empresarial son pemes, micropemes e autónomos, e o que nós queremos é axudarlles na medida das nosas posibilidades a que poidan manter a plantilla e a súa actividade e que o impacto desta crise sexa o menos duro posible”, asegurou o Presidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince + uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.