Tomé rectifica ante as presións do PP e a sesión plenaria da @depulugo para o Plan Único se celebrará por videoconferencia e non presencialmente

O portavoz popular pide explicacións e desculpas ao presidente da Deputación e considera que houbo un agravio aos deputados populares, que, por cumprir as disposicións para evitar contaxios na grave crisis sanitaria que vive o país, non puideron facer uso dos seus dereitos.

Os populares cren que o socialista Tomé, como presidente, non está a altura das esixencias da crise e opinan que nada fixo desde a institución para axudar a paliar as súas consecuencias. Cren que usa a crise para facer política e criticar obsesivamente as medidas adoptadas pola Xunta.

Castiñeira: «Unha vez máis o presidente da Deputación da mostras de falta de reflexos e reacciona tarde»

Queda demostrado que o goberno provincial opera “a base de ocorrencias, con improvisación e que o único que pretende co Plan Único é facer propaganda política mentres se desenvolve a peor crise sanitaria na historia deste país”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.