UGT-Galicia insta ás administracións competentes a que garantan as medidas de protección e seguridade dos traballadores

UUGT-Galicia ven de dirixirse ao delegado do Goberno en Galicia e á Xunta para trasladarlles que os traballadores que están  ao fronte dos servizos esenciais en Galicia a día de hoxe loitando no contexto da pandemia do COVID-19 e todos aqueles colectivos que continúan coa súa actividade (servizos sociais, todo tipo de servizos sanitarios, servizos de limpeza, farmacéuticos, abastecementos de alimentos, transporte sanitario, forzas da orde…, é dicir, todos aqueles servizos que a día de hoxe son imprescindibles na actual situación de alerta) están a facer a súa labor en moitas ocasións sen os medios necesarios de prevención e protección da súa saúde adecuados ao nivel risco, máscaras, luvas, gafas de protección adecuadas, ou Equipos de Protección Individual (EPI)… pola falta de subministro dos mesmos

O SINDICATO DEMANDA INFORMACIÓN Á DELEGACIÓN DO GOBERNO SOBRE OS PLANS ESTATAIS DE ACTUACIÓN E AS GARANTÍAS DE DOTACIÓN E SUBMINISTRO SANITAR

O Sindicato entende que no marco excepcional de competencias, a Delegación do Goberno dispón de información dos Plans estatais e as garantías de dotación de material sanitario, entre o que se inclúen os medios necesarios de prevención e protección da saúde adecuados ao nivel risco, máscaras, luvas, gafas de protección adecuadas, ou Equipos de Protección Individual (EPI)…

Precísase resolver a carencia actual de xeito imperioso nos centros públicos e nas empresas privadas que prestan servizos declarados esenciais, pasouse nalgúns casos de cuestionarse a necesidade de medidas de protección a recoñecer que son precisas pero non están dispoñibles e xerar alarma coa incerteza e ansiedade polo seu desabastecemento.

A INSPECCIÓN DEBE PECHAR AQUELAS ACTIVIDADES QUE PERMANECEN ABERTAS E QUE NON CONSTITÚEN SERVIZOS ESENCIAIS SE INCUMPREN AS MEDIDAS DE PROTECCIÓN DA SAÚDE DOS SEUS TRABALLADORES

Ademais, UGT-Galicia tamén se dirixe ao Director territorial da Inspección de Traballo en Galicia para que se cumpra o seu propio criterio operativo sobre medidas e actuacións da Inspección de Traballo relativas a situacións derivadas do novo Coronavirus e se poñan todos os medios para vixiar o cumprimento por parte das empresas e administracións da instrución do día 16 de marzo relativa á vixilancia da saúde, na actual conxuntura do COVID-19, naqueles servizos considerados esenciais, e que polo tanto teñen que seguir funcionando, e naquelas actividades que aínda sen ser esenciais permanecen operativas. Neste senso, o Sindicato insta á Inspección a que, de observar o incumprimento das medidas de seguridade e protección da saúde no caso das empresas que aínda estando operativas non presten servizos esenciais estas sexan pechadas. De xeito especial, no caso dos servizos esenciais, a Inspección deberá actuar requirindo que se modifiquen os incumprimentos.

Á XUNTA UGT-GALICIA ESÍXELLE UN PLAN DE CONTINXENCIA E OS ESFORZOS NECESARIOS PARA GARANTIR AS MEDIDAS DE SEGURIDADE NO EIDO LABORAL DAQUELES SECTORES QUE ESTÁN FACENDO FRONTE Á PANDEMIA

Á Xunta de Galicia, UGT-Galicia demándalle que no seu ámbito competencial instaure un plan de continxencias e poña enriba da mesa todos os esforzos ao seu alcance para garantir as medidas de protección que o actual contexto esixe no eido laboral e, dun xeito especial, no caso dos que están facendo fronte a esta pandemia, para que poidan soportar o esforzo extraordinario que se lles encomenda, e que se dispoña dos recursos adicionais precisos de infraestruturas, materiais e humanos.

Por último, UGT-Galicia insiste no seu agradecemento a todos aqueles colectivos de traballadores e traballadoras que nestes días tan complexos están soportando con gran profesionalidade e dedicación o sostemento das necesidades básicas e dos servizos esenciais da poboación.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce + 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.