UGT ofrece a Sanidade os seus permisos sindicais a tempo total para reforzar as plantillas de persoal debido á crise do Coronavirus

 Ante a excepcionalidade da situación, que xa empeza a ser desbordante, na que se atopan os e as profesionais sanitarios de Galicia debido á crise do coronavirus (COVID-19), o Sector de Sanidade de FeSP UGT de Galicia decidiu ofrecer os seus permisos a tempo total das disntas seccións sindicais, tanto de persoal sanitario como de persoal de xestión e servizos, para reforzar os profesionais do Sergas, na medida que sexan necesarios.
Con iso, o sindicato quere seguir garanndo o excepcional servizo que os profesionais ofrecen día a día á cidadanía mantendo o seu dereito á protección da saúde recollido no art 43 da Constución e servir de apoio ás e ós traballadores sanitarios que viven momentos de presión asistencial a causa do avance do coronavirus.
Por iso, as e os representantes dos traballadores de UGT puxéronse a disposición para reforzar o persoal no caso de que a Consellería o considere oportuno. Así, as traballadoras e traballadores de UGT do Sergas uniremos o esforzo sindical de maneira operativa e
con carácter excepcional, aos profesionais sanitarios.
Trátase dunha medida nunca ofrecida nos úlmos anos pero que o sindicato ve como necesaria e que simboliza ademais o esforzo real do conxunto dos profesionais do sector. UGT lembra que a maioría dos seus permisos a tempo total sindicais forman parte do sector sanitario con diferentes profesións e que sen deixar de lado as súas obrigacións sindicais ofrecerán ante esta situación excepcional a súa experiencia e coñecementos como calquera outro membro de persoal.
Desde o sindicato son conscientes da situación e da necesidade de aumentar os recursos humanos fronte a unha crise sanitaria que tamén representa un risco e un desgaste para todas e todos os profesionais sanitarios.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.