158 persoas súmanse á campaña de voluntariado impulsada polo Concello de Marín para a elaboración de mascarillas

“Estamos moi agradecidos e abrumados”. Ese é o balance que fai o Concello da posta en marcha da campaña de voluntariado impulsada para a elaboración de mascarillas, despois de que 158 persoas contactasen co Consistorio para mostrar a súa intención de participar.

A finalidade desta campaña é a de poder dotar a toda a cidadanía marinense destas unidades de cara ao comezo do proceso de desescalada do confinamento, xa que durante os próximos meses será esencial manter as medidas de prevención de contaxios.

Segundo explicaron esta mañá fontes municipais, xa entregaron nos domicilios dos primeiros voluntarios máis de 60 paquetes co material, que inclúe tea, fío e gomas. Con esa cantidade, xa se poderán confeccionar 6.000 mascarillas, unha cifra que aumentará a medida que se poidan entregar máis lotes de material.

O Concello quere agradecer profundamente a todas as persoas que se inscribiron na campaña a súa disposición a axudar nestes momentos, “nos que traballando xuntos superaremos esta situación e conseguiremos que a volta á normalidade sexa máis segura”.

O interese mostrado neste voluntariado incluso fixo que xurdiran iniciativas de colaboración entre os participantes, como a elaboración de vídeos explicativos do proceso de confección, como o que se pode atopar nas redes sociais do Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.