Alfonso Rueda agradece o traballo das agrupacións de Porteccion Civil de Galicia na loita contra o coronavirus

Así llo trasladou hoxe a representantes de Protección Civil das catro provincias, durante unha reunión por videoconferencia na que tamén se abordaron as achegas e necesidades destas agrupacións, que levan “desde o principio do Estado da alarma loitando sobre o terreo e traballando en toda a axuda que é necesaria nesta pandemia”.

A activación en Galicia do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) supuxo tamén a activación destas agrupacións. Para que realizasen o seu labor coas máximas garantías, a Xunta fíxolles chegar unha circular con indicacións como recomendacións sanitarias ou sobre a organización do persoal ante a situación de emerxencia. T

176 AVPC están traballando sobre o terreo e levan realizado, a día de hoxe, case 17.000 operativos. A maioría destas accións consistiron no reparto de alimentos e medicamentos, así como visitas a persoas que viven soas para comprobar o seu estado, accións que se desenvolveron especialmente no rural. Tamén se ocupan doutras funcións como a desinfección de lugares públicos ou tarefas de apoio ás forzas e corpos de seguridade. En definitiva, “un traballo imprescindible e insubstituíble que están realizando baixo a coordinación da Xunta”

“Non hai que esquecer que unha parte moi importante deste material -mascarillas, guantes, traxes, elementos para desinfectar…- van ás agrupacións de voluntarios”. De feito, un dos criterios de reparto, pactado coa Fegamp, é o número en cada concello de voluntarios de Protección Civil, porque é un persoal que “necesita estar protexido”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.