A Aula Castelao publica vídeos do seu arquivo histórico durante os días da adiada XXXVII Semana Galega de Filosofía

Adiada a Semana Galega de Filosofía que estaba prevista para comenzar o luns 13 de abril, desde a Aula Castelao poñen en aberto na reda unha serie de recursos do arquivo histórico que axuden a aturar na casa estas datas que, en circunstancias normais, terían unha cita en Pontevedra para debater e analizar en profundidade diferentes temas que someten a discusión pública durante estas xornadas

Comezarán a publicación destes vídeos pola inauguración da XXIII Semana de Filosofía de 2006 a cargo do daquela presidente da entidade Fernando Pérez, como homenaxe a quen fora cofundador da Aula Castelao e que faleceu precisamente nese ano. Logo, seguirán a subir conferencias e entrevistas desa e doutras semanas de filosofía, mesmo anteriores, que consideran documentos de grande interese alén dos problemas que poidan ter en canto a súa calidade de imaxe e son. Iranse publicando na canle de YouTube e nas contas das redes sociais coincidindo con cada día da que sería a 37 edición desa actividade.

Desde a Aula Castelao maneteñen o noso compromiso de fomentar o estudo e o debate, mesmo nestas circunstancias, precisamente insitindo na necesidade do papel da filosofía para enfrontar situacións como as se están a vivir.

Foto: Freepik

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.