A Deputación de Lugo suspende o cobro do canon pola explotación de instalacións provinciais pechadas polo estado de alarma

O Presidente asinou un decreto polo que suprime temporalmente a contraprestación económica polo uso dos locais do Mazo de Santa Comba, Muíño do Río Rato e área recreativa Los Robles, en Lugo, e de Belesar Pobo, no Saviñao

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un decreto polo que suspende temporalmente o cobro do canon pola explotación das instalacións provinciais que tiveron que pechar polo estado de alarma declarado para a contención do Covid-19.

José Tomé afirma que adoptou esta medida “co obxectivo de aliviarlle ás empresas que prestan o seu servizo nestas dependencias os pagamentos que deben afrontar ante a situación excepcional provocada pola crise do coronavirus Covid-19”.

Esta suspensión temporal estará vixente durante o estado de alarma e afecta ás empresas que utilizan as seguintes instalacións: o Mazo de Santa Comba, o Muíño do Río Rato e Área Recreativa Los Robles, en Lugo; e as de Belesar Pobo, no Concello do Saviñao.

Tomé engade que “esta crise require que todas as administracións públicas acheguemos as solucións que estean na nosa man para contribuír a paliar os efectos económicos e laborais desta crise sanitaria”.

Esta medida súmase a outras que a Deputación de Lugo adoptou para frear o impacto desta crise, como a adaptación do Plan Único 2020 para que os concellos poidan cubrir con estes fondos medidas sociais ante o Covid-19, a suspensión de todos os prazos de tramitación dos procedementos da institución, darlle prioridade ao pagamento a provedores da administración provincial para inxectar liquidez nas empresas e contribuír a que podan pagar salarios e gastos correntes e manter así a súa actividade e, entre outras, o mantemento de todos os contratos e o volume de facturación coas empresas adxudicatarias da prestación de servizos públicos da institución provincial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.