A Escola de Música Municipal de Marín segue impartindo clases a 46 alumnos

O centro púxose mans á obra desde o primeiro momento para poder seguir aportando coñecementos ao seu alumnado de xeito telemático, superando todas as barreiras e amenizando o confinamento a aqueles que se adheriron ás clases

A educación en tempos do coronavirus pasa, de xeito obrigado, polas novas tecnoloxías. Así a todo, hai disciplinas que parecen ser máis complexas de impartir sen a presenza nunha mesma aula do mestre e do alumno, como pode ocorrer coa música.

Para a Escola Municipal de Música de Marín, sen embargo, non existe ese problema. Desde o mesmo día 13 de marzo, cando as clases quedaron suspendidas pola implantación do estado de alarma, a escola púxose en contacto co seu alumnado para ver como iniciar as clases online.

Desde a escola recoñecen que “nun primeiro momento xurdiron dificultades técnicas, pero puidemos solventalas pouco a pouco e agora son cada vez máis os alumnos que se adhiren a esta formación online”. Neste momento, o equipo docente da escola imparte clases por vía telemática a 46 alumnos das diversas materias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.