A Federación Galega de Confrarías solicitan ao Goberno central aclaracións sobre se o marisqueo é unha actividade esencial

O presidente da Federacion Galega de Confrarías ven de solcitar xunto  coa Consellería do Mar unha aclaración ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar a fin de analizar o tratamento que teñen as actividades de marisqueo e recursos específicos .

Está constatado polos informes elaborados pola Consellería do Mar que o descenso na facturación deste sector unido á imposibilidade de participar na cadea de subministro están a provocar serios inconvintes aos mariscadores e mariscadoras galegas que ven imposible a realización da súa actividade económica por unha clara forza maior. O problema é que esta consideración debe ser ditada pola autoridade nacional a fin de facilitar aos maricadores o acceso rápido á prestación extraordinaria por cese de actividade.

Queremos resaltar que o sector non ten capacidade de almacenamento previo á comercialización polo carácter de produtos perecedoiros co que esta cuestión entendemos tampouco pode ser considerada..

Por outra banda, a Federación quere indicar á propia administración central que a petición de xustificación individual a cada mariscador da documentación que acredite o descenso de actividade en mais dun 75% provocará a sobresaturación da propia administración e das confrarías de pescadores nun momento no que o persoal non pode exercer a súa labor de xeito normal.

Se solicita ao Executivo Nacional, polo tanto, unha simplificación dos trámites para o sector atendendo a unha consideración de forza maior

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.