A Política outra vítima do COVID. Por Piñeiro Docampo

Todo xira sobre as posicións políticas no relativo ao Coronavirus de Wuhan: cada televisión, cada xornal, cada repaso e case cada conversación ten como eixo as posicións e decisións políticas de tal ou cal. E non discuto que teña certa lóxica mais despois de tanto tempo e con tanto tempo esta situación so leva a unha secuela seria, a desafección total da poboación sobre a política xeral.

Na situación de desafección, soamente gañan  posicións: os extremismos e populismos. As máquinas políticas dos grandes partidos analizan esa situación e preparan a súa mensaxe para tal escenario, unha sociedade partida ao 50% e sen escala de grises nos valores morais e políticos, un retroceso social e político do que dificilmente se recupera unha sociedade moderna.

A escalada de agresións e discursos semellase demasiado á de posicións guerra civilistas. Nunha situación de grave risco, primeiro de saúde xeral e despois  económica e social,  onde están hoxe os políticos de altura, a xente con capacidade de consenso e critica? Simplemente non existen no Reino de España. Unha vez máis somos vítimas do sistema de partidos, que son en si mesmos unha máquina económica e de intereses. Pouco importa a xestión dunha crise mundial, importa captar adeptos á maquinaria do partido, guerreiros con bufanda como os que imos ao fútbol cada xornada, sen critica se opinión, dogmáticos do líder e con fe cega no partido. O Covid 19 fixo que ese proceso acelerase e se inflamase.

Dixo Vítor Hugo , “todas as situacións de crisis teñen un lostrego que nos cega ou nos ilumina” esta moi claro neste caso estamos todos cegos, basta un repaso pola prensa internacional e ver como a política no resto de Estados serve parta unir e buscar un camiño común, a posición da oposición portuguesa marabilla aos españois, imaxinade como se nos observa dende fora.

A política española está tamén hoxe na UCI, cómpre un traballo de redefinición de valores políticos aos grandes partidos, a política non é deporte non ten extremos, a política e debate e transparencia e consensos. Cando un inimigo como este virus ataca soamente é posible un camiño a unión, unha tarefa de todos.

Piñeiro Docampo

Sº XERAL DE CxG

MEMBRO DO CONSELLO DO PARTIDO DEMÓCRATA EUROPEO

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.