A Universidade da Coruña, oitava en España en interese polos seus mestrados na feira virtual das universidades Uniferia

A oferta de mestrados da Universidade da Coruña amosada na feira virtual das universidades españolas, Uniferia, espertou o interese dun alto número de usuarios que colocan á UDC no oitavo posto, dun total de 54, na listaxe de universidades máis visitadas

Con preto de 60.000 visitas en total, a Universidade de Lleida con 4.728 accesos colocouse en primeiro lugar, seguida da de Barcelona, Pompeu Fabra, Complutense, Autónoma de Madrid, Politécnica de Cataluña, Carlos III e a UDC, que rexistrou 1.479 visitas.
A Universidade da Coruña amosou a súa oferta de máis de 50 mestrados no salón virtual que puxo en marcha Crue a finais de marzo. Da oferta coruñesa destacan os mestrados interuniversitarios, os internacionais e os que teñen mención de calidade.
Crue Universidades Españolas organizou esta feira virtual de mestrados por primeira vez, logo de consolidar a feira de graos que se celebra con éxito desde hai varias edicións. As 54 universidades presentes na feira dan a coñecer de maneira personalizada as súas propostas de titulacións de mestrado, os sistemas de acceso, as posibilidades de internacionalización e outra información de interese. Esta fórmula permite aos interesados visitar os distintos “stands” das universidades sen saír de casa. Ademais posibilita ao estudantado interactuar cos servizos de información e orientacións das institucións participantes, a través e canles de chat. Uniferia Mestrado é unha plataforma atractiva e en formato responsive que se adapta aos dispositivos móbiles. No punto de información principal, os usuarios atopan datos xerais sobre o Sistema Universitario Español, así como un buscador para localizar títulos das universidades españolas presentes na feira. O grupo de traballo dos Servizos de Información e Orientación Universitaria de Crue é o responsable desta iniciativa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

14 − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.