A xauría humana. Por #DulceCorcu

Na película de Arthur Penn, a degradación humana faise ver a través doutros, neses momentos de debilidade onde converterse en verdugo é non só tentador, senón tamén doado. Agochados no medio da turba, na impunidade que propicia o caos, non fai falla remontarse ao lonxano Oeste onde Robert Reford probaba a furia dos apacibles habitantes dunha pacífica vila tejana, a quen converteran en diana das súas frustracións, medos e miserias. Aquí mesmo, nesta España presuntamente avanzada, educada e civilizada, acabamos de descubrir que, por anos que pasen, hai xente que nunca evolucionará, que seguirá sendo esa besta que criamos extinguida, pero que habita en tantos dos nosos conveciños despostos, en canto hai ocasión, a deixala saír libremente. Xustamente é o que estamos a ver estes días co acoso a sanitarios ou empregadas de supermercados, vítimas da incomprensión veciñal porque os seus traballos comportan riscos de contaxio que non queren ter preto.

Amparados sempre no anonimato, os carteis nos portais, debaixo das portas das vivendas ou as pintadas nos coches, están a converterse en algo habitual que non só alarma a quen os recibe, tamén provocan indignación nesa outra parte da poboación que valora e agradece a súa imprescindible laboura, e que ve estupefacta coma eses mesmos veciños que ás oito en punto da tarde aplauden nos balcóns, acaban transformados minutos despois en xusticieros de rellano. Esta mesma semana, unha xinecóloga era recibida no seu garaxe cunha vexatoria frase escrita no seu coche, “rata contaxiosa”, nun depravado alarde de ignorancia e maldade. Eses adorables veciños que ata o de agora contemplabamos como xente normal e que daban os bos días agarimosamente, e quizais ata axudaban coas bolsas dese mesmo supermercado de Cartaxena onde unha empregada foi receptora dos desexos veciñais vía nota debaixo da porta, recollida e lida polo seu fillo de dez anos, co conseguinte desgusto e desolación. Todo para que abandoasen a vivenda, porque non importa que sexan as mesmas que se ocupan de que poidan comer, dos seus coidados se enferman no caso dos e das sanitarias…só importa que non estean ao outro lado da parede, que non se crucen nas escaleiras, que nos os vexan chegar cos seus uniformes e de repente lembren onde traballan. A xauría humana desprégase en cada andar, en cada balcón iso sí antes das oito, onde ningún faltará a súa ineludible cita cos aplausos, nunha irracional dicotomía que nos retrata como sociedade. Faltos de empatía, de educación e de respecto sobre todo, arrastrados por un instinto visceral de supervivencia a costa de quen sexa. Non é unha ficción xolliwodiense…é o noso vecindario. A xente sen caretas, a que deixa ver todo o que hai detrás de cada un ou, mellor dito, o que non hai: corazón.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.