A Xunta incrementa en 4.191 as horas de prestación do Servizo de Axuda no Fogar de Monforte durante a alerta sanitaria

A Xunta de Galicia reforzou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do concello de Monforte con 4.191 horas máis ao mes para a atención das persoas con necesidades asistenciais. A portavoz municipal do PP, Katy Varela, destaca que a Consellería de Política Social financia estas horas extraordinarias para poder atender a máis persoas que podan precisar deste servizo como consecuencia da pandemia xerada polo coronavirus.

A mesma representante popular recorda que a consellería decidiu que esta medida estará vixente durante o tempo que dure a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. Terán prioridade os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos. Tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.

Varela destaca que as novas horas de axuda no fogar poranse á disposición de todos os concellos galegos para os casos que sexan considerados máis urxentes polo servizos sociais municipais. A Xunta asume o importe íntegro desta nova prestación, que non suporá gasto para o usuario, destinando para elo un investimento de 6 millóns de euros ao mes no conxunto da comunidade.

A portavoz municipal do PP considera que medidas como esta marcan a diferencia entre os modelos de xestión dos diferentes gobernos, e deixan claro que para a Xunta á atención as persoas é absolutamente prioritaria nunha situación como a actual.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.