A Xunta mandou unha segunda entrega de material de protección ao concello lucense

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Administración local recibiu hoxe máis de 3.600 mascarillas, 7.000 guantes e 58 traxes

A Xunta de Galicia enviou  hoxe ao Concello de Lugo unha segunda entrega de material de protección para que o persoal dos servizos municipais poida desenvolver o seu traballo de forma máis segura.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que  que a entidade local recibiu o novo equipamento esta mañá mañá. En total, entregáronse 3.500 mascarillas cirúrxicas e 115 mascarillas FFP2; 7.000 guantes e 58 traxes.

Balseiro apuntou que o material chegou directamente desde o centro loxístico que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e distribución de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria orixinada polo coronavirus; unha medida coa que se axiliza o reparto aos concellos, xa que reciben os envíos nos seus propios municipios e non teñen que desprazarse.

O Goberno galego xa fixera a semana pasada unha primeira entrega de material de protección ao Concello de Lugo, que incluíu 7.230 mascarillas, 14.000 guantes e 115 traxes antisalpicaduras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.