A Xunta reparte na provincia de Lugo 156 ordenadores con conexión a internet para familias con menos recursos

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que os equipos van destinados a estudantes de 37 IES lugueses, 12 Centros Públicos Integrados (CPIs) e tres Centros Integrados de Formación Profesional

A Xunta de Galicia completou a entrega de 156 ordenadores portátiles con conexións gratuítas a Internet destinados a familias con menos recursos cuxos fillos cursan Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional na provincia de Lugo.

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, explicou que os portátiles entréganse ás familias a través dos seus centros de ensino, grazas á colaboración dos equipos directivos. O equipamento foi distribuído entre 37 Institutos de Ensino Secundario (IES) lugueses, 12 Centros Públicos Integrados (con Educación Primaria e Secundaria) e 3 Centros Integrados de Formación profesional (CIFP).

A familias recibirán os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa mentres dure o estado de alarma. Cada centro recibe tres equipos con conectividade, que distribúen entre as familias atendendo á súa situación socioeconómica e priorizando o alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos fogares de ordenador nin de conexión a internet.

Esta medida, que se realiza en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange, forma parte do paquete de iniciativas que puxo en marcha a Xunta de Galicia para facilitar o seguimento en liña da actividade educativa.

Os equipos distribuíronse entre os seguintes centros educativos lugueses:

Na comarca de Lugo,

CPI Plurilingüe de Castroverde Castroverde
CPI Dr. López Suárez Friol
CPI Plurilingüe Tino Grandío Guntín
IES Ánxel Fole Lugo
IES Lucus Augusti Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes Lugo
IES Xoán Montes Lugo
IES Sanxillao Lugo
IES Muralla Romana Lugo
IES Leiras Pulpeiro Lugo
CIPF Politécnico de Lugo Lugo
CIPF As Mercedes Lugo
IES Río Miño Rábade

Na Mariña,

IES Alfoz-O Valadouro Alfoz
IES Monte Castelo Burela
IES Perdouro Burela
IES Marqués de Sargadelos Cervo
IES de Foz Foz
IES Plurilingüe San Rosendo Mondoñedo
IES Enrique Muruais A Pontenova
IES Dionisio Gamallo Ribadeo
CIFP Porta da Auga Ribadeo
IES Vilar Ponte Viveiro
IES María Sarmiento Viveiro
IES Illa de Sarón Xove

Na Terra Chá e Meira,

IES Fonmiñá A Pastoriza
IES da Terra Chá Castro de Rei
CPI Plurilingüe Virxe do Monte Cospeito
IES Poeta Díaz Castro Guitiriz
IES Pedregal de Irimia Meira
IES Santiago Basanta Silva Vilalba
IES Lois Peña Novo Vilalba

 Na Zona Sur,

IES Lama das Quendas Chantada
IES Val do Asma Chantada
CPI Poeta Uxío Novoneyra Folgoso do Courel
IES Francisco Daviña Rey Monforte de Lemos
IES Río Cabe Monforte de Lemos
IES A Pinguela Monforte de Lemos
CPI Dr. López Suárez O Saviñao
IES de Quiroga Quiroga
CPI San Tomé do Carballo Taboada

Na comarca de Sarria,

CPI Ramón Piñeiro Láncara
IES Gregorio Fernández Sarria
IES Xograr Afonso Gómez Sarria

Na Montaña,

CPI Luis Díaz Moreno Baralla
IES de Becerreá Becerreá
CPI de Cervantes Cervantes
IES Plurilingüe Fontem Albei A Fonsagrada
CPI Plurilingüe de Navia de S. Navia de Suarna
CPI Uxío Novoneira Pedrafita do Cebreiro

Na Ulloa,

IES de Monterroso Monterroso
IES do Camiño Palas de Rei

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.