A Xunta retoma as obras da Estación de Autobuses de Sarria

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 124.000 euros a estes traballos, que servirán para mellorar a estética e a comodidade das instalacións

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade retomou as obras de reforma e modernización da estación de autobuses de Sarria, ás que a Administración autonómica destina 124.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que os traballos reinícianse unha vez levantadas as restricións que o Goberno central impuxo ás actividades non esenciais, entre as que estaban incluídas as obras públicas e de construción.

O proxecto que agora se reanuda afectará a elementos estruturais, como cubertas, paramentos e pavimentos, e tamén a aseos e outras dotacións e servizos. Balseiro destacou que a actuación servirá para mellorar notablemente a estética e a comodidade da estación.

Entre outros traballos, realizaranse reparacións na cuberta do edificio e da dársena, co cambio de canlóns e de pezas deterioradas,  pintaranse os paramentos verticais  exteriores e interiores, realizaranse reformas nos aseos, reparacións no falso teito, cambio de carpinterías e mellora do muro de peche.

Tamén se acometerán reformas na instalación eléctrica e nos sumidoiros, substituirase a   cantelaría e instalaranse pantallas informativas electrónicas con información de interese sobre os servizos de autobús.

Esta é unha das obras que, polas súas características, pode volver a poñerse en marcha, pero sempre gardando as debidas medidas de protección tanto individual como de organización do traballo para garantir a seguridade dos traballadores e traballadoras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.