Alternativa Dos Veciños pide que á Deputación da Coruña que o diñeiro que ten nos bancos os poñan a disposición do Estado e dos municipios

Dende Alternativa dos Veciños afirman que o pleno da Deputación da Coruña acordou aprobar a liquidación de gastos e ingresos do 2019. Na documentación presentada polos servicios técnicos económicos da área da Facenda provincial acredítase un remanente de tesourería de 318.217.966,77 €, parte do cal está afectado por dereitos recoñecidos e obrigas netas, desprendéndose da información aportada un remanente de tesourería dispoñible de 70.828.157,14 €, ademais dun superávit de 22.245.874,79 €.

Segundo Alternativa a Deputación ten nos bancos 318.217.966,77 €  polos cales a banca, no caso dos remanentes comprometidos, estaría a abonar un xuro dun 0,15%. No caso do remanente dispoñible 70.828.157,14 €, ademais de non percibir ingreso algún, a Deputación págalle ás entidades financieiras un 0,50 %, o que supón un desembolso para as arcas de 354.140 € anuais.

Ante esta situación, Alternativa dos Veciños propuxo á Deputación e presentará unha moción no próximo pleno da corporación provincial coas catro seguintes propostas:

1.- Retirar o diñeiro inmobilizado dos bancos e ingresalo na caixa forte provincial.

2.- Que a Deputación preste crédito sen xuros aos concellos que necesiten sanear a súa economía e poidan afrontar os servizos básicos aos que están obrigados por lei.

3.- Que parte do remanente comprometido dos 318.217.966,77 € se xestione en bonos do Estado con prazos que non comprometan financiar os compromisos provinciais, igual que fixo con unha entidade bancaria por 24 meses.

4.- Que co superávit do 2019 se incremente o apoio ás corporacións locais e á área de Obras Públicas (estradas) da Deputación.

 

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.