Ampliada en 600 metros cadrados a superficie da Protectora de Animais Aloia

Os máis de cen cans que viven nas instalacións poderán así realizar paseos diarios

O Concello de Tui vén de ampliar en 600 metros cadrados o espazo do que dispón a Protectora de Animais Aloia. En concreto véñense de rematar as obras que  permiten incrementar a superficie de patio da que poderán gozar os máis de cen cans que coidan.

A execución do proxecto comezou en 2016 cando se realizou a limpeza de vehículos inutilizados que había traseira das naves municipais. O ano pasado, ao abeiro do Plan Concellos 2017, construíuse un muro de contención. Agora veñende rematarse as instalacións coa colocación dun peche metálico e co recheo do terreo.

Nestes momentos nos que a Protectora de Animais Aloia non pode realizar os paseos dominicais cos cans agradecerán esta espazo para poder realizar paseos diarios dentro das instalacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.