ANEGA: “A UDC e a USC aproban medidas para finalizar o curso académico co voto en contra da representación estudantil”

En medio dunha folga indefinida nas tres unversidades galegas, a USC e a UDC dan un golpe de autoridade para aprobar as medidas para a avaliación deste curso. Na Universidade da Coruña aprobábase o documento co voto en contra dos 8 representantes do estudantado, e na Universidade de Santiago de Compostela, a representación estudantil abandoou o consello telemático logo de que se “cortasen as nosas palabras, se evitasen votacións e se coartasen debates”. Entre as medidas de mínimos que se pedían nesta última e foron rexeitadas estaban poder escoller entre avaliación continua ou única, ou non ser avaliados da materia dada no confinamento, como recoñeceu o Ministerio de Educación no caso do ensino medio.
A pesar de que as universidades galegas negáronse ata o momento á proposta estudantil de facer unha enquisa vinculante, numerosas enquisas realizadas apuntan a que a liquidación do curso, medida reclamada pola folga universitaria convocada por ANEGA, é a
maioritaria entre o estudantado. Dende o sindicato estudantil consideran que “está medida terá que ser aceptada tarde ou temprano, porque canto máis avanza a situación máis vemos que é a única saída realista para o curso no contexto de pandemia que estamos vivindo”. Ademais, dende ANEGA afirman que “un gran número de estudantes de todo o Estado estanse sumando a proposta”, como se veu as campañas en redes sociales coma
#FinDelCursoAhora, que chegou a ser trending topic a nivel estatal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.