Arbo pon en marcha un programa de actividades para ós pequenos “heroes” arbenses

Arbo pon en marcha un programa de actividades para  ós pequenos “heroes”  arbenses

“OS PEQUENOS HEROES de Arbo #QuedanNaCasa”, é o nome do novo programa que pon en marcha o Concello de Arbo para os nenos e nenas de Arbo con idades comprendidas entre os 0 e ós 12 anos

Debido ao momento de excepcionalidade que estamos a vivir, plantexanse situacións totalmente novas ás que hai  que adaptarse rápidamente. O Concello de Arbo  coa colaboración e supervisión das monitoras do Punto de Atención a Infancia (P.A.I.),  vai a organizar a través das redes sociais actividades para os nenos e nenas de Arbo.

As actividades divídense en dous bloques por idades,  un para os nenos e nenas de 0 ata 6 anos, e outro para os nenos e nenas de 6 ata os 12 anos,  ademais de incluír actividades cunha orientación educativa,  tamén  se van a ofertar outras cun fin lúdico e de esparcemento, tan preciso nestes días e nas  que participe toda a familia, co fin de que compartir e vivir experiencias conxuntas.

Durante toda a semana subiranse vídeos, retos, actividades de toda índole. Para que os nenos e nenas esten entretidos e que logo enviaran para subilas as redes sociais do Concello de Arbo.

Queda ao  dispor  de todos a dirección de correo electrónico tareasperiodosuspension@gmail.com e o teléfono 647 72 54 73 das monitoras Conchi e Rocío, para que  todos e todas as arbenes poidan dirixir as súas experiencias, mensaxes positivos e todo o que queiran sobre como estan a vivir este tempo de agarda.

“Son momentos nos que os nosos cativos, e os adultos tamén, vémonos privados das nosas rutinas, do noso xeito habitual de vivir, e iso pode xerar que experimentemos sensacións de inseguridade, inquedanza e angustia” – manifesta o Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil –  “sensacións que vivimos nós e que lle transmitimos aos nosos nenos e nenas. Eles tamén están privados da súa liberdade, nun momento evolutivo no que o movemento, a curiosidade e a experimentación marcan o seu xeito de entender o mundo que teñen ao redor. En moitos casos, pola súa idade, teñen un coñecemento impreciso do que está acontecendo nestes momentos, eles son os “verdadeiros héroes” desta triste historia, porque están na idade de saír, xogar, disfrutar cos amigos, coñecer e experimentar novas sensación, e sen embargo son os que mellor cumpren coas normas”, rematou dicindo o rexedor.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.