Arbo suspende as actividades programadas para xuño e xullo

O Concello de Arbo suspendeu todas as actividades programadas polo concello para os meses de xuño e xullo, incluída a Feira de Cans

O Concello de Arbo, toma a decisión por prudencia, seguridade e responsabilidade cos veciños e veciñas de Arbo, de cancelar todas as actividades organizadas por esta entidade, incluída a Feira de Cans que estaba programada para o 21 de xuño.

Esta decisión vén motivada de acordo coas recomendación sanitarias, que non ven viable a celebración de actos que susciten aglomeracións de público.

“Trátase dunha medida de precaución que se suma ás que xa se están levando a cabo co obxectivo de paliar os efectos da pandemia e un posible rebrote dos  contaxios” – Informa o alcalde do Concello Horacio Gil – que ademáis  ten moi en conta o importante impacto económico das festas para o emprego en sectores  turísticos e comerciais de Arbo, pero tamén é consciente de que “se esta levando a cabo un traballo intenso para que o coronavirus non afecte ao noso municipio e aos arbenses, polo que e tendo en conta que se volve a prorrogar o Estado de Alarma ata maio, non quere expoñer aos vecinos e veciñas a ningún risco que poda supoñer o contaxio o propagación do virus”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.