“As nenas e nenos de Lugo irán recibindo as máscaras nas súas casas”

A edil Cristina López respondeulle ao representante do partido popular que “o Concello está a cubrir as carencias da Xunta de Galiza” ao mesmo tempo que lle agradeceu ao edil do PP «que comparta con goberno municipal a preocupación polas nenas e nenos de Lugo»

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza respondeu ás acusacións do Partido Popular indicando que “desde o goberno municipal estamos contactando cos provedores para garantir que as nenas e nenos de Lugo teñan máscaras no menor prazo de tempo posíbel”. Cristina López pediu ás concelleiras e concelleiros do PP “que se sumen á protección dos nenos e nenas e deixen de inventar polémicas” xa que «no Partido Popular teñen contacto directo cos responsables do goberno da Xunta e poderían sumarse a este iniciativa en vez de criticala».

A edil de Participación afirmou que “en breve comezarán a chegar as máscaras adquiridas polo concello, non como as da Xunta de Galiza” que «nin están, nin se esperan». A área de Participación continúa en contacto cos fabricantes para obter máscaras que se entregarán progresivamente a todas as nenas e nenos censados en Lugo.

“O Concello está a cubrir as carencias da Xunta de Galiza” afirmou cristina López, e explicou que “a concellería de educación está a dotar de material didáctico ás nenas e nenos para que poidan manter certa normalidade educativa, mentres que a consellería de educación nin está nin se lle espera”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.