As nenas e nenos de Lugo recibirán na súa casa unha máscara infantil

A área de Participación enviará máscaras ás nenas e nenos censados en Lugo. Coa entrega facilitarase acceso ao manual de uso publicado polo Ministerio de Sanidade

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza enviará unha máscara infantil ás nenas e nenos censados en Lugo. Cristina López afirmou que “para o primeiro envío conseguiuse unha partida de 3.000 máscaras, mais nos vindeiros días chegarán ás nenas e nenos de Lugo”.

“Coa entrega, facilitarase o acceso ao manual de uso publicado polo ministerio de Sanidade”, afirmou Cristina López, que engadiu “reducir ao máximo a posibilidade de contaxios entre as nenas e nenos foi unha das prioridades coas que traballamos unha vez o goberno do estado anunciou que permitiría saír da casa ás nenas e nenos”.

As máscaras son lavables, e enviaranse segundo a idade de cada neno, en tallas de 3 a 7 e de 8 a 12 anos. As máscaras están formadas con capas de algodón cun filtro interior e axuste nasal. Segundo afirmou Cristina López, “as autoridades sanitarias desaconsellan o uso de máscaras a menores de 3 anos”.

Imagen: Freepik

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.