Cadernos da viaxe. Liberdade e saúde pública

A situación actual de pandemia require de medidas sanitarias extraordinarias que atinxen ás nosas liberdades. Mais, por grave que for a situación, a Europa democrática non pode-non debe-resolver esta caste de cuestións ao xeito de réximes autoritarios como as Repúblicas Islámica de Irán ou Popular Chinesa. Non, a Europa democrática ha resolver o binomio liberdade-saúde pública dende o seu acervo xurídico común: os dereitos humanos e liberdades fundamentais da Convención Europea de 1950, que interpreta o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) de Strasbourg.

O TEDH leva construíndo moitos anos (nomeadamente dende 1998 que é un Tribunal permanente) unha doutrina positiva e comunitaria dos dereeitos humanos, fronte á doutrina negativa e individualista dos USA. Para o TEDH non han ser protexidos nin os abusos de dereito nin os actos contrarios á convivencia cidadá, entendida ésta como a casa común construída sobre os valores dos dereitos humanos e liberdades fundamentais-. Esta mesma doutrina está na Constitución do Estado e no Estatuto de Galicia. Un Exercicio de liberdade individual para vivir en democracia comunitaria, un exercicio de civismo democrático para mantermos as liberdades.

Por outra banda, a respecto das posíbeis intervencións das Autoridades sanitarias (adoito apoiadas nas Policías administrativas e de seguranza) cómpre construir un conxunto de limitacións xerais non casuísticas. Porque a marxe de para proba de cargo en calquera procedemento penal ou administrativo sancionadopara proba de cargo en calquera procedemento penal ou administrativo sancionado(que data de 1986!!) é excesiva e invade substancialmente os dereitos á intimidade corporal, á integridade física e á liberdade de movementos. Cómpre unha reforma legal urxente que garanta o control xudicial contencioso-administrativo ( a medio do réxime de autorizacións que hoxe se usa para a entrada non autorizada nos domicilios das persoas físicas e xurídicas), a audiencia ao afectado sempre que fór posíbel e os principios de proporcionalidade, non discriminación, alicerzamento científico e análise do risco ( Salamero Teixidò, 2016).

Este alicerzamento comunitario-democrático, estes principios xerais de control da acción sanitaria e este control xudicial haberían tamén rexer a incorporación masiva das ferramentas da telemedicina e dos big data para monitorizar a poboación por razóns de saúde pública. Cedermos os nosos dados vai ser fulcral para poder combater a COVID-19. Mais o noso sistema xurídico demoliberal ha construir con moito coidado esta cesión, para que non permita máis finalidades públicas que a sanitaria

Como xa sucede cos dados cedidos ás Axencias Estatísticas Públicas dende hai máis de 30 anos, os dados acadados polo efecto desta caste de políticas sanitarias non han poder ser usados para proba de cargo en calquera procedemento penal ou administrativo sancionador Nin para ningunha outra fin, por benéfica que for.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

10 − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.