CC.OO.: 32 000 postos de traballo perdidos no mes de marzo como consecuencia da crise do COVID-19

 Comisións Obreiras (CCOO) alerta da perda de 32 353 postos de traballo no mes de marzo como consecuencia da crise do COVID-19, o 3,2 % do total. Segundo os datos da Seguridade Social, o maior axuste produciuse entre os traballadores e traballadoras por conta allea (94,14 % do total). Así as cousas, Galicia volve estar por baixo do millón de afiliacións, «situación que non se producía desde hai un ano», lamenta a secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza.

Para a sindicalista, o dato é «especialmente grave» tendo en conta que o mes de marzo adoita ser positivo para o emprego e que toda a destrución de postos de traballo «se concentrou en só dúas semanas». Isto tamén revela unha «precipitación» por parte de moitas empresas, que «alixeiraron rapidamente os cadros de persoal sen agardaren a saber como evolucionaría a crise sanitaria ou se tiñan condicións para resistir a situación».

O groso desta perda de postos de traballo débese á finalización de contratos temporais e aos despedimentos individuais motivados pola crise do COVID-19, «que padeceron aquelas persoas que non se pudieron benificiar dun ERTE, que non implica baixa na Seguridade Social», puntualiza Bouza. Por volume de emprego, «probablente se trate dos sectores do comercio, hostalaría e restauración», que son as actividades que primeiro tiveron que parar, se ben a propia Seguridade Social non desagregou por sectores estes datos.

CCOO coida que o maior axuste de emprego se produciu nos sectores do comercio, hostalaría e restauración, e pídelle á Xunta medidas para evitar máis perda de emprego

Chamamento á Xunta

Desde CCOO faise un chamamento á Xunta de Galicia para que no seu ámbito de competencias complemente as medidas postas en marcha polo Goberno central e atenda especialmente aos autónomos e pequenas empresas. «Cómpre habilitar mecanismos que lles permita aliviar os custos xerados pola situación actual e evitar situacións dramáticas como sería perda de máis postos de traballo», conclúe Bouza.

EVOLUCIÓN EMPREGO EN GALICIA MARZO 2020
(datos Seguridade Social en Galicia no último día do mes)

FEBREIRO

MARZO

Var. absoluta

Var. porcentual

RÉX. XERAL

752 248

721 789

-30 459

-4,05 %

AUTÓNOMOS

208 297

207 163

-1134

-0,54 %

AGRARIO

5492

5343

-149

-2,71 %

FOGAR

25 794

25 522

-272

-1,05 %

MAR

20 591

20 252

-339

-1,65 %

TOTAL

1 012 422

980 069

-32 353

-3,2 %

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.