Comunicado de Esquerda Unida polo Día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo

Este ano 2020 reivindicamos o día internacional da saúde e seguridade no traballo nun marco de crise sanitaria mundial que está a por en evidencia o sistema e o seu funcionamento.

O mundo do traballo sigue dominado por unha precariedade laboral que mata, por iso é fundamental establecer a saúde e a seguridade como prioridades na prevención de riscos.

Se ben é certo que no ano 2019 reduciuse o número de mortes en Galicia por accidentes laborais, segundo datos elaborados por Comisións Obreiras, Galicia segue a ser a comunidade autónoma con maior índice de accidentes mortais chegando a 5,46  dato que supera considerablemente a media estatal que representa o 3,08 (índice por cada 100 mil traballadores).

Os datos tamén revelan unha relación directa entre este número de accidentes laborais e a relación contractual, así a temporalidade alberga, segundo os datos de Comisións Obreiras, case o 44% dos accidentes con baixa laboral, polo que a temporalidade é sinónimo de precariedade e desprotección.

Así os anos de recortes orzamentarios que a Xunta de Galicia leva aplicando en materia de prevención, teñen consecuencias directas nos datos de sinistralidade laboral resultado da non inversión en saúde e seguridade laboral.

Nestes momentos de crise provocada polo Covid-19, ponse en evidencia a situación de desprotección á que están sometidos moitos traballadores e traballadoras que carecen de Equipos de Protección Individual (EPI) para garantir a súa saúde e minimizar o risco de contaxio sobre todo no ámbito sanitario e de coidados, pero tamén en outros sectores relacionados co mar, coa alimentación, etc.

Por todo isto, instamos á Xunta de Galicia, que comece a traballar con determinación e compromiso para reducir o número de accidentes no noso país.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

7 − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.