Concello da Pontenova adquiriu 3.000 mascarillas que serán repartidas a todas as veciñas e veciños da vila

O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde avanzou hoxe que o Concello adquiriu 3.000 mascarillas que serán repartidas a todas as veciñas e veciños da vila. Explicou tamen que “este pedido sanitario chegará ao Concello a finais desta semana ou a principios da semana que ven, e serán entregadas nos domicilios, porta a porta polo propio Concello”.

Campos Conde explicou tamén que “o Concello modificará as ordenanzas municipais para eximir do pago dos recibos de auga e do lixo ás empresas e establecementos que tiveron que pechar polo COVI-19 na nosa vila. Estamos nun momento delicado e dende o Concello temos que contribuír a que todo o noso tecido empresarial e os nosos autónomos poidan voltar abrir as portas dos seus comercios, xa que son vitais nunha poboación pequena como a nosa”, remarcou.

O rexedor dixo  que “todos os usuarios e usuarias das escolas deportivas, teatro ou música dependentes do Concello, teñen suspendidas o cobro das taxas municipais. As familias son o primeiro e non queremos deixar a ninguén atrás”.

Mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños

Por útimo enviou unha mensaxe de confianza e tranquilidade aos veciños. “É moi importante seguir coas recomendacións de sanidade para superar esta crise. Quedarse na casa é a mellor opción, dende o Concello seguimos traballando para que todos e todas poidamos voltar pronto á normalidade”, resumiu

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.