Concello Oleiros: “Algunhas persoas con diversidade funcional sí poden saír das súas vivendas por motivos terapéuticos”

O Ministerio de Sanidade permite ás persoas con diversidade funcional saír do seu domicilio por “motivos terapéuticos”, nos casos nos que non poden soportar confinamentos indefinidos. Están habilitadas as persoas que teñan alteracións de conduta, coma por exemplo con diagnóstico de espectro autista ou de condutas disruptivas

“É imprescindible que poidan contar coa posibilidade de saír a rúa ou a pasear en coche durante breves períodos de tempo, debido ao efecto terapéutico que teñen estas saídas. Só poden realizarse de maneira excepcional, durante o tempo imprescindible, unicamente acompañados dunha persoa de apoio, sen poder entrar en contacto con outras persoas e coa documentación acreditativa da situación por se fose requirida polos axentes da autoridade” informan dende o consistorio oleirense.

Desde o Concello de Oleiros afirman que intentan “fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional desde valores coma a liberdade, a dignidade e o respecto, sen necesidade de distintivos, nin etiquetas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.