Continúan as labores de limpeza e desinfeccion en centros de saúde e residencias de 18 concellos lucenses

A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en 25 espazos públicos de 18 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus
Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.
Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:
Na Montaña
Cervantes | Centro de saúde de San Román e consultorio médico en Doiras |
Navia de Suarna | Centro de saúde |
Becerreá | Centro de saúde e residencia de maiores |
As Nogais | Centro de saúde |
Pedrafita do Cebreiro | Centro de saúde |
Baralla | Centro de saúde e residencia de maiores |
Baleira | Centro de saúde e residencia de maiores |
Na área da Mariña
Barreiros | Centro de saúde |
Lourenzá | Centro de saúde |
A Pontenova | Centro de saúde |
Trabada | Centro de saúde e residencia de maiores |
Mondoñedo | Centro de saúde, residencia San Rafael e centro asistencial San Pablo e San Lázaro |
Na comarca de Lugo
Rábade | Centro de saúde |
Castroverde | Centro de saúde |
O Corgo | Centro de saúde |
Friol | Centro de saúde |
Na comarcas da Terra Chá e Meira:
Abadín | Centro de saúde |
Meira | Centro de saúde |