Continúan as labores de limpeza e desinfección en máis de 40 espazos públicos de 27 concellos de Lugo

Continúan as labores de limpeza e desinfección en máis de 40 espazos públicos de 27 concellos de Lugo

A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en 42 espazos públicos de 27 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:

Na comarca da Mariña

Alfoz Centro de saúde
O Valadouro Centro de saúde e residencia de maiores
Xove Centro de saúde e residencia de maiores San Bartolomeu
Ourol Centro de saúde
O Vicedo Centro de saúde
Barreiros Centro de saúde
Lourenzá Centro de saúde
A Pontenova Centro de saúde
Trabada Centro de saúde e residencia para persoas maiores
Mondoñedo Centro de saúde, residencia San Rafael e centro asistencial San Pablo e San Lázaro

Nas comarcas de Lugo e Sarria

Láncara Centro de saúde de Láncara e residencia de maiores A Veiga da Pobra de San Xiao
Paradela Centro de saúde e residencia de maiores
O Páramo Centro de saúde
Portomarín Centro de saúde
Lugo Punto de encontro da brigada no Ceao
Guntín Centro de saúde, consultorio médico de Lousada e residencia de maiores San Salvador

Na comarca da Ulloa

Antas de Ulla Centro de saúde e residencia de maiores
Palas de Rei Centro de saúde
Monterroso Oficina agraria comarcal e punto de encontro da brigada

Nas comarcas da Terra Chá e Meira,

Xermade Centro de saúde
Ribeira de Piquín Centro de saúde

Na zona da Sur da provincia,

Bóveda Centro de saúde e residencia de persoas con discapacidade
Sober Centro de saúde e residencia de maiores A Nosa Señora do Carme
 Taboada Centro de saúde e residencia de maiores O Meu Fogar
Carballedo Centro de saúde
Pantón Centro de saúde
O Saviñao Centro de saúde e vivenda comunitaria
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.