Continúan as labores de limpeza e desinfección en máis dunha trintena de espazos públicos de 21 concellos lucenses

A Xunta de Galicia programou para hoxe labores de limpeza e desinfección en 33 espazos públicos de 21 concellos da provincia de Lugo para contribuír a frear a expansión do coronavirus

Os encargados de realizar estas tarefas son os profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Consellería do Medio Rural, que actúan nos exteriores de puntos especialmente vulnerables, como centros de saúde, residencias de maiores e de persoas discapacitadas, co fin de incrementar a seguridade de traballadores e usuarios.

Hoxe están previstas tarefas de desinfección nos seguintes municipios:

Na comarca da Mariña

Alfoz Centro de saúde
O Valadouro Centro de saúde e residencia de maiores
Xove Centro de saúde e residencia de maiores San Bartolomeu
Ourol Centro de saúde
O Vicedo Centro de saúde

Nas comarcas de Lugo e Sarria

Láncara Centro de saúde de Láncara e residencia de maiores A Veiga da Pobra de San Xiao
Paradela Centro de saúde e residencia de maiores
O Páramo Centro de saúde
Guntín Centro de saúde, consultorio médico de Lousada e residencia de maiores San Salvador

Na comarca da Ulloa

Antas de Ulla Centro de saúde e residencia de maiores
Palas de Rei Centro de saúde

Na comarca da Terra Chá

A Pastoriza Centro de saúde e residencia de maiores en Bretoña
 Begonte Centro de saúde e consultorio de Baamonde
Xermade Centro de saúde

Na Montaña

Cervantes Centro de saúde de San Román e consultorio de Doiras
Becerreá Centro de saúde e residencia de maiores O Cereixal
Baralla Centro de saúde e residencia de maiores
Navia de Suarna Centro de saúde
As Nogais Centro de saúde
Baleira Centro de saúde e residencia de maiores
Pedrafita do Cebreiro Centro de saúde

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.