Duas unidades de desinfección por ozono limpan esta semana vehículos de Protección Civil e GES da Provincia de Lugo

Onte desinfectaron vehículos das AVPC de Pol, Vilalba e O Vicedo e para mañá está previsto limpar os das agrupacións de Lourenzá e Guitiriz e  do GES de Monterroso

As dúas unidades de desinfección de vehículos por ozono que puxo en funcionamento a Delegación Territorial da Xunta en Lugo levan a cabo esta semana a limpeza de 12 vehículos de seis agrupacións de voluntarios de Protección Civil (AVPC) e Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) da provincia.

Onte ocupáronse da limpeza de seis vehículos das AVPC de Pol, Vilalba e O Vicedo (dous por agrupación); e para mañá está previsto que desinfecten equipamento das AVPC de Lourenzá e Guitiriz e do GES de Monterroso (tamén dous vehículos por cada unha).

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, apuntou que esta é unha das iniciativas adoptadas pola Xunta para tratar de frear a expansión do coronavirus, neste caso hixienizando recursos de servizo público.

Estas unidades utilízanse para desinfectar os coches da Administración e da Policía autonómica, así como os das agrupacións de Protección Civil e Policía Local dos concellos da provincia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.