Elena Candia: “A previsión da Xunta coloca a Lugo na pole position da desescalada”

A presidenta provincial, Elena Candia, e os deputados lucenses na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia destacan que a previsión da Xunta de Galicia “coloca a Lugo na pole position da desescalada”. Así o expuxeron na reunión de traballo telemática que veñen de manter, e na que analizaron as principais liñas adoptadas polo Goberno galego en materia de saúde pública e económica.

Tanto Elena Candia como os deputados puxeron en valor a xestión do titular autonómico Alberto Núñez Feijóo, “pois se os datos son positivos na nosa comunidade, e aínda máis en Lugo, e isto dicímolo con toda a prudencia que esixe a situación, é grazas á altura de miras do noso presidente, quen dende o minuto un, adiantándose a Pedro Sánchez, deseñou unha estratexia para que os galegos e, por tanto, tamén os lucenses, nos vísemos o menor afectados posible pola pandemia”.

Elena Candia, reflíctese tamén no desenvolvemento de medidas que contribúen a paliar as consecuencias socioeconómicas da crise sanitaria. “Salvar vidas e protexernos é e foi sempre o máis importante, pero se agora non poñemos en marcha un plan de recuperación, o Covid-19 vai ser letal para a economía do país, a galega e a provincial.

O tecido empresarial lucense así o manifesta publicamente; de aí a importancia da previsión que tivo en todo momento a Xunta de Galicia tanto na coordinación sanitaria como agora, nunha estratexia para a desescalada”, manifestou a dirixente do PP lucense.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.